Financiamento flexible, instantáneo e sen sorpresas

 

Con Aplazame dámosche ata 2.500€ ao instante.

Compras o que necesites e pagas como queiras ata en 12 meses.

Só necesitas un móbil, unha tarxeta e un DNI ou NIE español.

checkout-simple.svg

Sinxelo e sen rexistrarte

Non necesitas crear ningunha conta para financiar unha compra. Só tes que seleccionar Aplazame como método de pago na tenda e completar algúns datos persoais para que che respondamos ao instante.

checkout-simple.svg

Sen comisións ocultas

Deixa de preocuparte pola letra pequena. Non temos. O único que vas pagar é o que verás durante o proceso de compra. Concedemos financiamento a un 24,5% TAE. Dámosche ata 2.500€ para comprar nos teus comercios favoritos e devólvesnolos ata en 12 meses.

checkout-simple.svg

Rápido e fácil

Sen documentación nin papeleo. Só che pediremos un par de datos de carácter persoal. Ti disnos o número de meses nos que queres pagar e o día en que desexas facelo. Nós mostrámosche os intereses e confirmámosche o crédito en segundos.

checkout-simple.svg

Flexible e seguro

Pagas como queiras. Ti elixes con que tarxeta queres facelo e podes engadir tantas como necesites. E os teus datos, sempre seguros. Tomámonos a seguridade moi en serio e usamos os estándares máis modernos para que estean a salvo.

checkout-simple.svg

E a gozar comprando!

Aprobamos o teu crédito en segundos e avisamos á tenda para que procese o teu pedido e o recibas na casa canto antes.

Condicións do financiamento:

Ao solicitar o préstamo pediráseche realizar un primeiro pago inicial. A contía do teu préstamo será o importe da túa cesta menos ese pago inicial. Esa é a cantidade que financiaremos no número de cotas que elixas. Por exemplo, un financiamento a 6 meses implicará 7 pagos, un no momento de concesión do crédito e 6 cotas en cada un dos 6 meses seguintes á compra.

Os pagos fanse coa tarxeta que achegas a Aplazame.

O SMS enviado por Aplazame non ten ningún custo para ti.

A concesión do crédito está suxeita ao cumprimento dos requisitos marcados por Aplazame.