Quen Somos Samborca

Samborca.gal é unha empresa con ADN 100% galego que nace cuns valores de respecto á sociedade e ao medio ambiente do que forma parte. Confiamos na tecnoloxía e en Galicia para medrar dun xeito sostible. Pensamos global, actuamos local.

A que nos dedicamos?

Somos unha empresa comercial que se adica á venda de produtos tecnolóxicos. Contamos con acordos asinados cos principais distribuidores oficiais de toda Europa que nos autoriza a ofrecer as mellores marcas do mercado nas mellores condicións.

A nosa Web está deseñada coa última tecnoloxía, o que nos permite ter acceso ás principais plataformas loxísticas da Península, asegurándonos poder ofrecer aos nosos clientes un servicio único en Galicia.

Maxima Calidade

Máxima calidade

Recibirás todos os nosos produtos no seu envoltorio orixinal, coa garantía legal e a posibilidade de devolución sen ningún problema.

Confianza

Confianza

Estamos preto túa. Somos unha empresa galega. A diferencia de outras opcións, mercando en Samborca.gal sabes perfectamente a quen lle compras.

Pago Seguro

Pago seguro

Contamos cunha das plataformas de pago electrónico máis rápidas, seguras e avanzadas do sector que cumpre cos principais estándares internacionais asegurando a máxima fiabilidade para os nosos clientes.

Atencion ao cliente

Atención ao cliente personalizada

Se necesitas máis información sobre algún produto, tes calquera dúbida sobre como funciona a páxina ou simplemente nos queres preguntar como está o tempo por Cuntis, aquí estamos para botarche unha man.

Envio Express

Envíos Express

Se vives en Galicia tes sorte. Tan pronto como recibimos o teu pedido poñémonos en marcha para preparar o teu paquete, deixalo listo para que viaxe durante a noite e o recibas o día seguinte. Que ilusión!

En Galego

En galego

Como te podes dar conta, usamos o galego nas nosas relacións comerciais, o que nos fai únicos no sector. O que pretendemos é axudar a normalizar o uso da nosa lingua no contexto empresarial e das novas tecnoloxías.

Somos responsables

Non só nos importa vender! Samborca.gal sempre buscará que a satisfacción dos nosos clientes sexa completa, que exista unha utilización óptima dos recursos, contribuír ao respecto medioambiental, prestar a máxima atención á seguridade dos empregados no traballo ou á participación do persoal na empresa . Todas estas son directrices e criterios de funcionamento nos que se basea a nosa empresa.

Por isto, contamos con provedores que mostran este forte enfoque cara a calidade, e garantan o cumprimento das disposicións legais, regulamentarias e compromisos en todos os ámbitos, especialmente no medioambiental, a saúde e a seguridade no traballo; acreditados coa obtención dos seguintes certificados ISO.

  • Calidade, de acordo á norma ISO 9001:2015
  • Medioambiental, de acordo á norma ISO 14001:2015
  • Seguridade e saúde laboral, de acordo á norma OHSAS 18001:2007

Pensa global, actúa local

Para que todo isto funcione necesítase dun equipo de profesionais que leve a cabo o seu traballo dentro dun proxecto común, un equipo. En Samborca.gal podemos estar orgullosos de contar coas mellores empresas galegas do sector co único obxectivo de ofrecer aos nosos clientes unha experiencia de máxima calidade na súa relación connosco, dende o primeiro contacto ata o último.

Dende o seu nacemento, Samborca.gal aposta pola canle online. Somos conscientes da revolución dixital na que estamos inmersos e cremos importante que tanto as empresas e profesionais, como todos os galegos e galegas esteamos presentes neste proceso de innovación continua. Por iso, dotándonos das últimas ferramentas tecnolóxicas do mercado a nivel global queremos proxectar na nosa sociedade todo o poder que nos ofrecen as novas tecnoloxías e así garantir un servicio punteiro, de máxima calidade, eficiente e onde todos nós poidamos medrar dun xeito sostible.

ADN 100% Galego

Dominio .Gal

Porque nacemos galegos, o noso apelido na rede é o .gal

Desarrollo Web Galicia - DesInv

Os especialistas do desenvolvemento e deseño da Web son de Santiago de Compostela, A Coruña.

Raiola Networks

Ata o noso provedor de hosting é galego. Dende Lugo para o mundo, Raiola Networks.

ABANCA

O noso banco ao igual que o de outros moitos galegos é Abanca. Con sede en Betanzos, A Coruña.

Samborca.gal

Somos nós, a opción galega para mercar tecnoloxía online. E temos as nosas oficinas en Cuntis, Pontevedra.

Sistemius

Os nosos servicios xurídicos especialistas en novas tecnoloxías están en Santiago de Compostela, A Coruña.